Jacinto Calvo López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacinto Calvo López
Nacemento4 de xuño de 1903
 Viveiro
Falecemento24 de xullo de 1993
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e empresario
editar datos en Wikidata ]

Jacinto Calvo López, nado en Viveiro o 4 de xullo de 1903 e finado en Lugo o 24 de xullo de 1993, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse coa familia a Lugo, onde se estableceron como pasteleiros. Aprendeu o oficio familiar e traballou co pai. Ingresou en 1923 na Unión General de Trabajadores (UGT) e en 1931 no Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Foi secretario xeral de ambas formacións na capital lucense e tamén da Federación provincial do PSOE. Foi candidato a deputado nas eleccións xerais de 1933 e de 1936, pero no saíu elixido. Durante a folga xeral revolucionaria de 1934 foi membro do comité revolucionario local, polo que foi procesado e condenado a prisión. En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República e participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, participou na chamada á formación de milicias para deter ás tropas acuarteladas en Lugo, pero dado o rápido control de Galicia polos alzados, fuxiu a Portugal e despois a Francia.

Regresou en 1951 continuando co negocio familiar. Nas primeiras eleccións democráticas de 1977 foi candidato ao Congreso na Candidatura Democrática Gallega, pero non foi elixido. Nas eleccións de 1982 e 1986 foi elixido senador polo PSdeG pola provincia de Lugo. Na constitución do Senado en 1982 e 1986, presidiu a sesión constituínte por ser o senador de máis idade.

Logo do seu pasamento constituíuse a Fundación Jacinto Calvo na provincia de Lugo que promove accións destinadas ao desenvolvemento económico e social da provincia, e a socialización do coñecemento e a innovación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jacinto_Calvo_López&oldid=5300324"