Jaroslav Seifert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaroslav Seifert
Nobel prize medal.svg
Jaroslav Seifert 1981 foto Hana Hamplová.jpg
Nacemento23 de setembro de 1901
 Žižkov
Falecemento10 de xaneiro de 1986
 Praga
SoterradoKralupy nad Vltavou
NacionalidadeChecoslovaquia
Ocupacióntradutor, poeta, xornalista, ensaísta e escritor
PremiosPremio Nobel de Literatura, Recipient of the Order of Tomáš Garrigue Masaryk, 1st class, Národní umělec e Order of Tomáš Garrigue Masaryk
Signature of Jaroslav Seifert.jpg
editar datos en Wikidata ]

Jaroslav Seifert, nado en Praga o 23 de setembro de 1901 e finado o 10 de xaneiro de 1986, foi un poeta e xornalista checo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura no 1984 por unha produción poética que, dotada de gran frescura, sensualidade e variada imaxinación, subministra unha imaxe liberada do espírito indomable e a versatilidade do home.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nun barrio residencial de Praga, no seo dunha familia de clase obreira. Non chegou a rematar os seus estudos e comezou a dedicarse á poesía e ó xornalismo. No 1921 publica a súa primeira colección de poemas, Mesto v slzach[1].

Retrato en relevo na tumba de Jaroslav Seifert.

Foi membro fundador do grupo vangardista Devestil e do Partido Comunista Checoslovaco con que rompe relacións no 1929. Entre 1968 e 1970 asumiu a dirección da Unión de Escritores Checos. No 1985 publicou as súas memorias (Všecky krásy světa: příběhy a vzpomínky).[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras máis importantes destacan[2]:

  • Ruce Venušiny (1936)
  • Světlem oděná (1940)
  • Maminka (1954)
  • Koncert na ostrově (1965)
  • Kniha o Praze (1968)
  • Deštník z Picadilly (1979)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jaroslav Seifert - Bibliography". Nobelprize.org. Consultado o 21 marzo 2018. 
  2. 2,02,1 "Seifert, Jaroslav (1901-1986)". SUDOC. Consultado o 21 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jaroslav_Seifert&oldid=4898647"