Javier Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Veiga
Javier Veiga.jpg
Nome completoJavier Veiga Rubirosa
Nacemento11 de febreiro de 1973
LugarO Grove
NacionalidadeEspaña
Educado enRESAD
Cónxuxe(s)Marta Hazas
Profesiónpresentador de televisión
editar datos en Wikidata ]

Javier Veiga Rubirosa nado no Grove o 11 de febreiro de 1973, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou os estudos de Arquitectura na Coruña, deixounos para marchar a Madrid. É licenciado pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD) e realizou numerosos cursos e talleres de perfeccionamento: humor, verso, comedia da arte, esgrima, voz ou canto.

Os seus inicios como actor teñen lugar no teatro, onde participou en múltiples espectáculos chegando a crear a súa propia compañía, Teatro Impar. Tamén dirixiu a obra Tonto el que lo lea. Na década de 1990 colaborou nalgunhas series de éxito, pero o que realmente o lanzou á fama foi o seu traballo como presentador do espazo El Club de la Comedia, en Canal +. Nos últimos anos participou en varias películas como Escuela de seducción ou O ano da carracha.

Foi protagonista dunha campaña publicitaria da ONCE.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

  • Planeta extraño (1997), de Pedro Pérez Jiménez. Como Garda Civil.
  • El conductor (1998), de Jorge Carrasco. Como Representante.
  • La mujer más fea del mundo (1999), de Miguel Bardem. Como Médico.
  • Tuno negro (2001), de Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín. Como Marcial.
  • O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Morgan.
  • Escuela de seducción (2004), de Javier Balaguer. Como Óscar García/Dani Danissimo.

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.

Televisión[editar | editar a fonte]

Como actor
Personaxes episódicos
Como presentador
  • Ciudad abierta. Telemadrid.
  • Amar el cine. TVE.
  • Inocente inocente. TVG.
  • Sorpresas te da la vida. TVG.
  • El Club de la comedia (1999-2001).

Teatro[editar | editar a fonte]

  • No es tan fácil, de Paco Mir. Dirixido por Joseph María Mestres.
  • 5 Hombres.com, dirixido por José Miguel Contreras e Ana Rivas.
  • Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, dirigida por Antonio Guirau.
  • Examen de maridos, de Ruiz de Alarcón, dirixida por Vicente Fuentes.
  • El enfermo imaginario de Moliere, dirixida por Antonio Díaz Florián.
  • La Celestina, de Fernando de Rojas, dirixida por Charo Amador.
  • La caída de Ícaro, de Bertold Brecht, dirixida por José Luis Raimond.
  • Camino de wolokolamsk, de Heiner Müller, dirixida por Eduardo Vasco.
  • El juego de las preguntas, de Peter Handke, dirixida por Charo Amador.
  • El casamiento, de N. Gogol, dirixida por Ángel Gutiérrez.
  • Clown Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes, dirección Olga Margallo.
  • Los pícaros, pasos y entremeses, de Lope de Rueda e Miguel de Cervantes, dirixida por Ángel Gutiérrez.
  • El pabellón nº 6, de A. Chejov, dirixida por Ángel Gutiérrez.
  • Tonto el que lo lea, dirección Javier Veiga.
  • Casa con dos puertas, sobre textos de Calderón de la Barca.
  • El vendedor de cuentos, sobre textos de Federico García Lorca.
  • Voldemar, baseado en contos de A. Chejov.
  • Los 3 mosqueteros buscando a Dartañán, inspirado nos personaxes de Alejandro Dumas.
  • Unha noite na praia.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Premio ó mellor director no XXII Festival Nacional de Teatro de Guadalajara pola obra Casa con dos puertas.
  • Premio ó mellor actor e mellor director no XIX Certamen Nacional de Teatro Arcipreste de Hita por Voldemar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Javier_Veiga&oldid=5237608"