Jean Baptiste Dieter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean Baptiste Dieter
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1903 en Einhausen, Alemaña
Pasamento28 de xuño de 1955 en Samoa
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1933
Consagración episcopal19 de maio de 1954, por Romolo Carboni
Vigairo apostólico de arquipélago das Navegadores
1953 - 1955
PredecesorJoseph Darnand
SucesorGeorge Hamilton Pearce
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Jean Baptiste Dieter, nado como Johannes Dieter en Einhausen (Alemaña) o 30 de setembro de 1903 e finado en Samoa o 28 de xuño de 1955, foi un eclesiástico católico latino, vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores dende 1953 até a súa morte.

Biografía[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María (maristas) o 29 de xuño de 1933, y a partir de 1937 comezou a traballar en Samoa. O 16 de novembro de 1953 foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Ierafi. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Romolo Carboni o 19 de maio de 1954 en Apia, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Christchurch Edward Michael Joyce e ao vigairo apostólico de Fidxi Victor Frederick Foley. Finou ao ano, o 28 de xuño de 1955; durante o seu breve pontificado tivo como principal prepcupación a formación dos sacerdotes locais, entre eles o futuro cardeal Pio Taofinuʻu, a quen ordenou sacerdote o 8 de decembro de 1954.

Distincións[editar | editar a fonte]

No seu Einhausen natal unha rúa leva o seu nome (Bischof-Dieter-Straße).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bischof-Dieter-Straße in Einhausen, Hessen". Straßen in DE (en alemán). Consultado o 23/09/2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Joseph Darnand
 Vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores 
1953 - 1955
Sucesor:
George Hamilton Pearce
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jean_Baptiste_Dieter&oldid=4928257"