Jesús Luis Cunchillos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Luis Cunchillos
Nacemento11 de xuño de 1936
 Provincia de Zaragoza
Falecemento20 de maio de 2006
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupacióninvestigador
editar datos en Wikidata ]

Jesús Luis Cunchillos Ilarri, nado en Novallas o 11 de xuño de 1936, e finado o 20 de maio de 2006, foi un mestre, investigador e orientalista español do Consello Superior de Investigacións Científicas con emprego no Instituto de Filoloxía de España. Estudou en diferentes universidades europas: En Italia: a Universidade da Sapienza en Roma, a Universidade de Viena, a Universidade de París e en España: a Universidade de Salamanca e a Universidade Complutense de Madrid.

Ensinou durante 10 anos en l´École pratique des hautes études e con anterioridade en varios centros superiores universitarios: Chateaudân (Francia); O Escorial e As Palmas de Gran Canaria (España), así como na Universidade Pontificia de Salamanca e na Universidade de Zaragoza. Cunchillos dedicou a súa vida científica ó esclarecemento de problemas filolóxicos do mundo semítico (hebreo, ugarítico, fenicio), conectando coas disciplinas veciñas da filoloxía, como arqueoloxía e historia.

Nos últimos anos a súa actividade dirixiuse á informatización dos coñecementos adquiridos nas etapas anteriores. Neste campo foi pioneiro nunha perspectiva internacional.

Jesús Luís Cunchillos foi o epigrafista de inscricións fenicias e púnicas aparecidas no xacemento arqueolóxico de Doña Blanca (El Puerto de Santa María); dirixiu como investigador principal dous proxectos: a creación dun Banco de datos semíticos Noroccidentais (ugarítico) de tres anos de duración con trece especialistas e o Banco de Datos Semíticos Noroccidentais: ugarítico, fenicio e púnico de categoría C e cinco anos de duración con 18 especialistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Luis_Cunchillos&oldid=4681822"