Joaquín Álvarez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquín Álvarez Álvarez
Joaquín Antonio Álvarez. O Roque. De Cabeiras, maestro en Pazos (Barcela).jpg
Nacemento21 de decembro de 1892
 Cabeiras, Arbo
Falecemento26 de setembro de 1936
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Antonio Álvarez Álvarez, coñecido como O Roque, nado en Cabreiras (Arbo) o 21 de decembro de 1892 e finado o 26 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre na escola dos Pazos en Barcela. Era membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi preso a finais de xullo do 1936. Trasladado á Cañiza e despois a Vigo. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar en consello de guerra e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 26 de setembro de 1936.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Pérez Alonso e foi pai de José e María Álvarez Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joaquín_Álvarez_Álvarez&oldid=5244568"