Joaquín Martín Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquín Martín Martínez
Joaquín Martín Martínez 1929.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1929.
Nacemento1878
 A Coruña
Falecemento31 de agosto de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Martín Martínez, nado na Coruña en 1878 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un funcionario, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Propietario do Colexio Integral e logo do Grupo Escolar. Foi elixido concelleiro da Coruña en decembro de 1909 e Presidente da Juventud Republicana da Coruña (1911). Funcionario do Concello da Coruña, do que chegou a ser secretario nos anos dez. Membro da Liga Gallega e de Solidaridad Gallega, foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi detido e estivo preso polos sucesos da folga xeral de 1917. Dirixiu o semanario Acción Coruñesa e a revista Galicia Industrial y Comercial a partir de febreiro de 1929.[1] Militou no Partido Reformista de Melquíades Álvarez e na República en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 31 de agosto de 1936.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou cunha filla de José Rodríguez Martínez.[2]

Unha rúa da Coruña leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 8-2-1929, p. 8.
  2. Fernández Caamaño, José M. (7-2-2016). "El médico que no entendía de horarios ni clases sociales". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2-1-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joaquín_Martín_Martínez&oldid=5189385"