John James Rickard Macleod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John James Rickard Macleod
Nobel prize medal.svg
J.J.R. Macleod ca. 1928.png
Datos persoais
Nacemento6 de setembro de 1876
LugarClunie (Escocia)
Falecemento16 de marzo de 1935, 58 anos
LugarAberdeen (Escocia)
ResidenciaEscocia, EUA, Canadá
NacionalidadeEscocés
Actividade
CampoMedicina
Alma máterUniversidade de Aberdeen
Contribucións e premios
Coñecido porPor descubrir a insulina xunto con Frederick Banting.
PremiosPremio Nobel de Medicina (1923)
editar datos en Wikidata ]

John James Rickard Macleod, nado en Clunie o 6 de setembro de 1876 e finado en Aberdeen o 16 de marzo de 1935, foi un médico escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo a licenciatura en Medicina na Universidade de Aberdeen en 1898. En 1900 e tras obter unha praza de profesor de fisioloxía na Universidade de Cleveland, trasládase ós Estados Unidos. Posteriormente trasládase a Toronto, Canadá, onde tiveron lugar os experimentos que conduciron ó descubrimento da insulina. En 1928 regresou a Escocia para exercer de profesor en Aberdeen.

Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1923, compartido con Frederick Banting.

Escribiu nove libros, entre os que cabe destacar:

  • Recent Advances in Physiology (1905).
  • Fundamentals of Physiology (con Pearce, 1916).
  • Diabetes: its Pathological Physiology (1925).
  • Carbohydrate Metabolism and Insulin (1926).
  • Physiology and Biochemistry in Modern Medicine (9.ª ed., 1941).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_James_Rickard_Macleod&oldid=5091611"