José Antonio Ortega Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Ortega Lara
José Antonio Ortega Lara 2014 (cropped).jpg
Nacemento1958
 sen etiquetar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e agente penitenciário
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Ortega Lara, nado en Montuenga (pedanía de Madrigalejo del Monte, provincia de Burgos) en 1958, é un funcionario de prisións español retirado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre e licenciado en Dereito, permaneceu secuestrado pola organización terrorista ETA durante 532 días entre 1996 e 1997. Foi militante do Partido Popular entre 1987 e 2008. Actualmente vive en Burgos.

O 16 de xaneiro de 2014 presentou, como membro do Comité Executivo Provisional, o partido político Vox xunto con outros exmilitantes do Partido Popular.[1] como Santiago Abascal, José Luís González Quirós e Ignacio Camuñas, entre outros, xerando unha alternativa á dereita[2] do Partido Popular. O nome do partido é Vox e se autodefine como unha alternativa «rexeneradora» fronte ós dous partidos maioritarios, e que a súa fundación responde a un sentimento de orfandade política no centro dereita.[3][4] Vox concorreu ás eleccións europeas de 2014 pero non obtivo representación.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Antonio_Ortega_Lara&oldid=5130709"