José Asensio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Asensio
Nacemento1892
 A Coruña
Falecemento1961
 Nova York
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

José Asensio Torrado, nado na Coruña en 1892 e finado en Nova York en 1961, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907 e foi enviado ao Protectorado Español de Marrocos. El 1920 ascendeu a comandante e foi nomeado xefe do Estado Maior do Comisariado Español en África. Ao proclamarse a Segunda República Española foi nomeado xefe da Comisión Fronteiriza con Portugal, e en 1933 foi ascendido a coronel. Nos primeiros días da Guerra Civil Española tomou parte no asalto ao Cuartel da Montaña de Madrid e diversas operacións nas frontes de Andújar, Málaga, Guadarrama. Ascendido a xeneral, foi nomeado Xefe do Teatro de Operacións do Centro (TOCE) e participou no frustrado asalto ao Alcázar de Toledo; fracasou igualmente, en Talavera de la Reina. En outubro de 1936 Francisco Largo Caballero nomeouno subsecretario do Ministerio da Guerra, desde onde tratou de reorganizar o exército republicano. Pouco antes de finalizar a guerra foi nomeado agregado militar da embaixada española en Washington. Trasladouse a Estados Unidos, onde deu clases de español. En 1949 foi nomeado ministro da Guerra no Goberno da República no exilio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Asensio&oldid=4899121"