José Barral Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Barral Souto
Nacemento23 de outubro de 1903
 Oleiros
Falecemento15 de novembro de 1976 (73 anos)
 Arxentina
NacionalidadeGalicia galego/arxentino
Alma máterFacultade de Ciencias Económicas da Universidade de Buenos Aires
Ocupacióneconomista, estatístico e actuario
editar datos en Wikidata ]

José Barral Souto nado en Oleiros o 23 de outubro de 1903 e finado na Arxentina o 15 de novembro de 1976, foi un economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino en 1928. Está considerado o anticipador do método da programación linear na teoría económica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Barral Souto realizou os estudos universitarios e de doutoramento na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Buenos Aires, e na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de La Plata, doutorándose en 1934 cunha tese titulada Expresión de la renta vitalicia mediante una serie potencial entera de la variación del tipo de interés. En 1925 recibiu o título de Contador Público Nacional, e entre 1929 e 1931 fixo a carreira de actuario. En 1927 ingresou no Instituto de Economía Bancaria, en 1930 no Instituto de Biometría e en 1933 acadou o posto de profesor adxunto de Estatística.

Relevancia científica[editar | editar a fonte]

Entre 1939 e 1940 José Barral Souto reformulou e obtivo unha nova solución do problema dos custos comparados, mediante inecuacións lineais, co que, en palabras do Premio Nobel de Economía Wassily Leontief, anticipou en esencia a aproximación mediante programación linear á teoría económica que foi redescuberta anos máis tarde nos Estados Unidos [2]

Foi un dos fundadores en 1936 da Unión Matemática Arxentina.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Presidente honorario (1965) do Instituto Interamericano de Estatística
  • Membro co sitial 19 da Academia Nacional de Ciencias Económicas da Arxentina
  • Profesor emérito (1971) da Universidade de Buenos Aires.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manuel Fernández López (2004): "Centenario de José Barral Souto, el genio gallego que anticipó la programación lineal, artigo en Revista Galega de Economía, vol. 13, núm. 1-2, pp. 1-11 (en castelán).
  2. NOTA DEL PROFESOR WASSILY LEONTIEF (1961), Revista de Ciencias Económicas, año LI, serie IV, núm. 20, (julio-diciembre), p. 210. Buenos Aires.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BARRAL SOUTO, J. (1941): “Principios fundamentales de la división del trabajo”, Revista de Cien- cias Económicas, año XXIX, serie II, núm. 236, (marzo), pp. 175–191 y (abril), pp. 285–315. Buenos Aires. Versión inglesa: “Fundamental Principles of the Division of Labour”, International Economic Papers, núm. 12. Londres, New York, 1967).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Barral_Souto&oldid=4552337"