José Luis Sucasas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Sucasas
Nacemento24 de xuño de 1959
 Lalín
Falecemento1 de abril de 2017
 O Grove
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e escritor
editar datos en Wikidata ]

José Luis Sucasas Fernández, nado en Cadrón (Lalín) o 24 de xuño de 1959 e finado na illa da Toxa o 1 de abril de 2017[1], foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Economista e enxeñeiro técnico informático. Participou na candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi candidato do BNG nas municipais de 2003, 2007 e 2011 en Lalín. En 2011 entrou a formar parte da corporación como concelleiro logo da dimisión da número dous do BNG[2]. Foi colaborador habitual de Vieiros[3], Xornal de Galicia, Praza Pública e Letra en Obras.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O paxaro que ninguén ve, 2002, edición de autor.
  • Soñaron buratos na terra, 2003, edición de autor.
  • Pena Furada, 2012, Biblos Clube.
  • Nunca foi día de todo, 2014, United p.c.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Outra vaca no millo, 2010, edición de autor.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Luis_Sucasas&oldid=5199711"