José Manuel Balseiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Manuel Balseiro Orol")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Balseiro
José Manuel Balseiro-2017.jpg
Nacemento2 de xullo de 1962
 Ferreira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Balseiro Orol, nado en Ferreira do Valadouro o 2 de xullo de 1962, é un político galego do PPdeG e delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi director comercial de ALCO S.A. durante 16 anos, e coordinador do equipo de venda en España e Portugal.

Está casado e ten dous fillos.

Política[editar | editar a fonte]

Militante activo do Partido Popular desde o ano 1994 en Cervo, o seu municipio de residencia, exerce desde 1999 o posto de 1º Tenente de Alcalde do concello, ocupándose tamén da portavocía do Grupo Municipal Popular.

Dentro do Grupo Parlamentario Popular responsabilízase da portavocía do Mar (pesca) e Montes (forestal e incendios). Forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo desta formación política na provincia de Lugo. Na actualidade ostenta os cargos Coordinador comarcal do PP na Mariña lucense[1] e, dende o 21 de novembro de 2016, de delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo[2].

Foi secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Manuel_Balseiro&oldid=4991239"