José Manuel García-Margallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel García-Margallo
José Manuel García-Margallo 2013 (cropped).jpg
Nome completoJosé Manuel García-Margallo y Marfil
Nacemento13 de agosto de 1944
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto e Harvard Law School
Ocupaciónpolítico, economista e avogado
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil, Grand Cross of the Order of the Aztec Eagle, Grand Cross of the Order of the Sun of Peru‎, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana e Grã-Cruz da Ordem do Mérito
editar datos en Wikidata ]

José Manuel García-Margallo, nado en Madrid o 13 de agosto de 1944, é un político español, membro do Partido Popular e ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación.[1]

Tamén foi membro do Parlamento Europeo desde 1994, onde desempeñaba o cargo de vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios desde 1999. Foi condecorado coa Gran Cruz do Mérito Civil e a Orde do Mérito Constitucional.[2][3]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Estudou bacharelato no colexio San Ignacio de Donostia. Estudou Dereito e Economía na Universidade de Deusto. Máis tarde, pasou as oposicións a Inspector Técnico Fiscal do Estado e desempeñouno en Castelló e Guipúscoa. No ano 1973, obtivo o International Tax Program da Harvard Law School, obtendo o grado de Master of Law nesa universidade na especialidade en Dereito Societario e Regulación do Mercado de valores.

Listaxe ás votacións no que aparece García-Margallo con UCD.

No ano 1974 foi nomeado Xefe do Servizo de Estudos e Programación da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Facenda, e en 1982 do Tribunal Económico Administrativo Central. Impartiu clases como profesor universitario na Facultade de Dereito de San Sebastián e no máster en Comunidades Europeas da Universidade Politécnica de Madrid e de Fiscalidade Comunitaria no Instituto da Empresa de Madrid. No ano 2004, conseguiu o doutoramento en Dereito pola Universidade Miguel Hernández de Elx coa Tese Doutoral titulada "Unha aposta polo Modelo Europeo de Benestar".

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 1960 ingresou nas Juventudes Monárquicas Españolas (JUME). Xa na Transición, foi membro fundador da Fundación de Estudos Independentes, do PP e de UCD. Nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado nas Cortes Constituíntes. Ostentou diversos cargos como Director Xeral ou Secretario Xeral. Tamén foi portavoz de Economía e Facenda do PP. Tamén foi elixido ó Parlamento Europeo na lexislatura 1994-1999, onde ostentou varios cargos como Vicepresidente da Subcomisión de Asuntos Económicos e Monetarios e Vicepresidente da Delegación para Hispanoamérica. O 22 de decembro de 2011, foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goberno de España. "BOE" (PDF). Consultado o 13/12/2014. 
  2. Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. "Portal do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación". Consultado o 13/12/2014. 
  3. Cadena SER. "El rey impondrá la más alta condecoración a los "héroes" que lucharon en Marruecos". Consultado o 13/12/2014. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Manuel_García-Margallo&oldid=5267911"