José María Pardo Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Pardo Montero
Nacemento1930
 Sobrado
Falecemento25 de outubro de 2015
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José María Pardo Montero, nado en Sobrado o 24 de setembro de 1930 e finado o 25 de outubro de 2015, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito na USC. Exerceu como avogado en Vilalba. Casou con Ángeles Hortal Espinosa.

Como home público, tivo unha longa traxectoria política. Foi deputado de UCD por Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), logo senador na I lexislatura (1979-1982), parlamentario autonómico en 1981 e deputado por Pontevedra na III Lexislatura (1986-1989). En 1979 foi nomeado Conselleiro de ordenación do territorio, urbanismo e transportes da Xunta preautonómica. O 11 de abril de 1987 como representante do Partido Liberal, constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con Fernando García Agudín, por Coalición Galega e Enrique Marfany polo PDP.

Contribuíu á dinamización económica de Lugo desde o seu cargo como presidente de Caixa Rural Galega, que se converteu (dende 1986)[1] en tal na súa presidencia a partir da Caixa Rural de Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_María_Pardo_Montero&oldid=4899335"