José del Valle Moré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José del Valle Moré
Nacemento18 de xuño de 1892
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxuíz, escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

José G. del Valle Moré, nado na Coruña o 18 de xuño de 1892, foi un xuíz, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba sendo mozo. Estudou nas Escolas Pías de Guanabacoa. En 1911 graduouse de bacharel e Ciencias e Letras no Instituto da Habana. En 1913 graduouse en Dereito civil na Universidade da Habana. Ese mesmo ano foi nomeado vice-secretario da Sección de Instrucción do Centro Galego. Realizou despois viaxes por Europa. En 1917 foi designado Xuíz Municipal de Guanabacoa. Formou parte da directiva da Sociedade Vivero y su Comarca. Dirixiu a revista Vivero en Cuba durante un tempo e colaborou en Cuba y América. Foi xuíz de primeira instancia na Habana.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Pastor Díaz, su vida y su obra, Habana, 1911
  • Viaje á Italia, 1916.
  • Cisneros y las leyes de Indias, Habana, 1918.
  • Servidumbres de medianería, luces y vistas, 1943
  • La capacidad de la mujer casada para contratar y ejercer el comercio después de la Constitución de 1940, 1943.
  • Compraventa civil y mercantil: estudio teórico-práctico, 1945.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_del_Valle_Moré&oldid=5257943"