Josefa Escourido Cobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josefa Escourido Cobo
Nome completoJosefa Escourido Cobo
Nacemento1918
 Miñotos, Ourol
Falecemento21 de xuño de 1949
 Silán, Muras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, nada en Atián (Miñotos, Ourol) en 1918 e finada en Silán (Muras) o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballaba como xornaleira. Enlace da guerrilla. Trala caída do seu fillo Benedicto Escourido Cobo xunto con José Porto Lestegás a Garda Civil presentouse na súa casa co fin de trasladala ao cuartel da Brigadilla de Viveiro para que declarara, mentres agardaban a que se cambiara de roupa fuxiu. Botouse ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Celia González Pernas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–135. ISBN 978-84-8341-166-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Josefa_Escourido_Cobo&oldid=4918004"