Josep Puig i Cadafalch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josep Puig i Cadafalch
Audouard-PuigCadafalch-0316.jpg
Nacemento17 de outubro de 1867
 Mataró
Falecemento23 de decembro de 1956
 Barcelona
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeEspaña
Alma máterETSEIB, Universidade de Madrid, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e Universidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónarquitecto, historiador da arte, político e profesor
PaiJoan Puig i Bruguera
NaiTeresa Cadafalch i Bogunyà
CónxuxeÀngels Macià i Monserdà
Coñecido/a porCasa Amatller, Casa de les Punxes e Casaramona
Premioshonorary doctor of the University of Freiburg, honorary doctorate of Barcelona University, doutor honoris causa, doutor honoris causa e sen etiquetar
Josep Puig i Cadafalch (signatura).jpg
editar datos en Wikidata ]

Josep Puig i Cadafalch, nado en Mataró (Maresme) en 1867, e finado en Barcelona en 1956, foi un arquitecto, historiador da arte e político catalán.

A súa obra máis coñecida é a Casa de les Punxes (1903-1905). Era un especialista en arte románica de fama internacional e promoveu as escavacións de Empúries.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Mataró o ano 1867. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo Renaixença. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En 1891 acabou os seus estudos de arquitectura en Barcelona. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de Barcelona, onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, implicándose en actividades catalanistas.

Discípulo de Domènech i Montaner foi o último representante do modernismo e o primeiro do Noucentisme (Novecentismo).

Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:

  • A primeira, ou época rosa (Modernismo), recolle como símbolo a casa "patrucial" aristocrática catalá e busca a súa inspiración en modelos nórdicos. A esta etapa pertence a Casa de les Punxes (1905), a casa Amatller e a Casa Martí (1896).
  • A segunda etapa é a época branca (Racionalismo), que corresponde aos gustos da nova elite burguesa, práctica e ordenada. Aquí pertencen a Casa Trinxet, a Casa Muntades e a Casa Company.
  • A terceira é a época amarela (Monumentalismo). Desenvóvese durante o período da Exposición Universal de 1929 en Barcelona, da que vai ser o primeiro arquitecto. Esta é caracterízase polo monumentalism, a cor amarela nas fachadas e máis pola imitación da arquitectura romana que se mestura con o tipismo valenciano e andaluz. Tamén proxectará a Casa Pich inspirándose no arquitecto americano Louis Sullivan.

En 1917 foi nomeado presidente da Mancomunidade de Cataluña (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado Enric Prat de la Riba, creando durante o seu mandato escolas e institucións culturais, favorecendo a mellora das infraestruturas e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral Primo de Rivera, durante a ditadura militar, disolveu a Mancomunitat (20 de marzo de 1925) e temtou desfacer a obra realizada.

Ademais das actividades descritas, tamén desenvolveu un enorme traballo como historiador da arte, especialmente da arte románica, sobre a cal escribiría unha obra fundamental: L'arquitectura romànica a Catalunya e mais outros títulos.

Foi membro da Real Academia Catalá de Belas Artes de Sant Jordi e en 1942 foi nomeado presidente do Institut d'Estudis Catalans, o equivalente catalán das academias lingüísticas, presidencia que ocupou até a súa morte en 1956.

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • Casa Macaya (Barcelona)
  • Casa Amatller (Barcelona, Paseo de Gracia, 41) (1898 - 1900)
  • Casa Company (Barcelona)
  • Casa Trinxet (Barcelona; c/Còrcega, 268 – desaparecida)
  • Casa Serra (Barcelona)
  • Casa Llorach (Barcelona R/ Muntaner, - desaparecida)
  • Casa Martí (Barcelona; R/Montsió, 3 bis – aquí se acha o local Els Quatre Gats)
  • Casa Muley-Afid (Barcelona)
  • Casa Muntades (Barcelona)
  • Casa de les Punxes/Casa Terrades (Barcelona; Avenida Diagonal, 416–420) (19031905)
  • Casa Sastre Marquès (Barcelona)
  • Fábrica Casaramona (Barcelona)
  • Pazo do Barón de Quadras (Barcelona; Avenida Diagonal, 373 e R/Rosselló, 279) (19041906)
  • Torre Pastor de Cruïlles (Barcelona)
  • Casa Garí (Argentona)
  • Casa Puig i Cadafalch (Argentona)
  • Casa Furriols (La Garriga)
  • Casa do Concello (Mataró)
  • Casa Coll i Regàs (Mataró)
  • Casa Parera (Mataró)
  • Casa Sisternes (Mataró)
  • El Rengle (Mataró)
  • La Beneficiència (Mataró)
  • Caves Codorniu (Sant Sadurní d'Anoia)
  • "La telegrafia" (El Prat de Llobregat)
  • Igrexa de Santo Estevo de Andorra la Vella (Andorra la Vella), restauración

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Josep_Puig_i_Cadafalch&oldid=4721569"