Juan Beceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan Beceiro Amado")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Beceiro
Nacemento1903
 Serantes
Falecemento13 de maio de 1990
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlexicógrafo
editar datos en Wikidata ]

Juan Beceiro Amado, nado en Serantes (Ferrol) en 1903 e falecido en Madrid o 13 de maio de 1990[1] foi un tradutor, lexicógrafo e militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén militar Juan Beceiro Díaz, capitán do cruceiro Blas de Lezo, alistouse no exército español. Con el chegou a oficial destinado en África. En 1934 participa na represión da revolución de Asturias. Durante a Guerra civil española incorpórase ao bando nacional e remata en 1939 en Estremadura. En 1943 regresa a Ferrol, pero posteriormente é destinado a Madrid e Valladolid, onde chega a presidir a Casa de Galicia de Valladolid. De alí, xa co grao de xeneral de brigada, pasa a Melilla en 1966[2], onde o ascenden a xeneral, e onde o nomean gobernador militar da cidade.

En 1967 pasa á reserva, e instálase en Granada, onde dedicou o seu tempo a traducir ao galego clásicos da literatura universal. Así, foi o primeiro que traduciu O Quixote, Contos e leendas d'a Eirín, a Vida e milagres do Lazariño de Tormes, A Odisea de Homero e o Hamlet de Shakespeare, que porén permanecen inéditas.

Tamén permanece sen editar a obra Comentos, follas dun vocabulario galego-castelán, compendio de lexicografía que intercala relatos propios e explicacións sobre os termos recollidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_Beceiro&oldid=4965798"