Juan Copa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Copa
Nacemento1970
editar datos en Wikidata ]

Juan Copa, nado na Coruña (Galiza) en 1970, é un ex-xogador e adestrador de hóckey a patíns galego. É considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutando aos 15 anos na División de Honra (actual OK Liga) e converténdose con 17 no primeiro capitán non catalán dunha selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Juan Copa formouse na canteira do A.A. Dominicos da súa cidade natal. Co club aurinegro coñeceu moi novo as alegrías e as penas do deporte: a felicidade de debutar aínda neno (con 15 anos) da man de Picolo e proclamarse campión de Europa júnior coa selección española que capitaneaba, e a tristeza de ver como o seu carácter rebelde impedíalle esputar unha final da Copa do Rei que gañou o Dominicos ao Reus Deportiu e pecháballe as portas do éxito na Coruña.

Posteriormente foise a Asturias para xogar cinco ano máis como profesional antes de volver ao Dominicos, que daquela trataba de rexurdir e volver á División de Honra (algo quen o equipo colexial non chegaría a materializar). Tras un ano no Club Patín Ordes ábreselle a porta grande do Liceo, xogando no final verdibranco e mesmo no primeiro equipo no partido de volta da final da Copa CERS que os coruñeses gañaron ao Barcelos no 99.

Foi durante esta etapa no Liceo cando coñeceu ao seu admirado Fernando Marcos, o seu grande impulsor na carreira como técnico. No 2001 fíxose cargo do filial liceísta, facendo unha boa tempada, trala cal foise a Cee para dirixir un proxecto estraño entre o club ceense e o verdibranco, porén Copa foi cesado e volveu á canteira do colexio.

Ao pouco fixo méritos para volver ao filial, mais a súa grande oportunidade cegou na tempada 2005-06 cando, da man de Paco González, o primeiro equipo verdibranco camiñaba cara ao descenso. Mediada a tempada, o adestrador foi destituído e Copa colleu un equipo que con el recuperou o bo gusto polo hóckey e realizou un bo final de tempada, conseguindo salvar aos liceístas do descenso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_Copa&oldid=5011104"