Juan Gallego Abeledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Gallego Abeledo
 Mugardos
Falecemento21 de xuño de 1949
 Silán, Muras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
PaiManuel Gallego Durán
IrmánsMaría Gallego Abeledo
editar datos en Wikidata ]

Juan Gallego Abeledo, coñecido como Buzo ou Comandante, nado en Mugardos finado en Silán (Muras), o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Gallego Durán e irmán de María Gallego Abeledo, comisaria política do destacamento Enrique Líster. Integrouse en 1948 na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Membro do destacamento Arturo Cortizas, foi tamén responsable do destacamento Segundo Villaboy desta agrupación. Foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Celia González Pernas, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–135. ISBN 978-84-8341-166-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_Gallego_Abeledo&oldid=4664235"