Juan Naya Pérez
Juan Naya Pérez | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1914 |
A Coruña | |
Falecemento | 1 de febreiro de 1993 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e historiador |
Cónxuxe | Natalia Castiñeiras Regueira |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Naya Pérez, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1914 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un xornalista e historiador galego. Entre os seus innumerábeis nomeamentos ostentaba o de Cronista oficial da cidade da Coruña, o de arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, e o de académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, da que tamén foi secretario xeral.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un home autodidáctico que non posuía ningún título académico, mais dunha gran cultura adquirida na lectura dos libros e xornais, e dos traballos dos que se poden considerar os seus mestres: Ángel del Castillo o seu predecesor como cronista oficial da Coruña, Félix Estrada Catoyra, Manuel Murguía, Francisco Tettamancy e sobre todo, César Vaamonde Lores a quen sucedeu como Arquiveiro-Bibliotecario da Real Academia Galega, e foi quen o instruíu desde moi novo en paleografía, epigrafía, heráldica e numismática, pasando de discípulo a colaborador.
A súa carreira xornalística transcorreu en La Voz de Galicia onde levaba a sección de "Hai 50 anos" e outra sobre a vida local de título "Peneirando". O seu estilo irónico facíao insustituíbel para narrar as anécdotas locais.
Obras[editar | editar a fonte]
Amais dos seus artigos xornalísticos, algunhas das súas publicacións foron:

- Murguía e a súa obra poética (A Coruña, 1950).
- Inéditos de Rosalía de Castro (Vigo, 1953).
- Unha obra descoñecida do arquitecto Domingo Lois Monteagudo. O palacio do marqués de Viance en Bóveda (A Coruña, 1957).
- Antoloxía e poemas de Rosalía de Castro (Porto, 1958).
- O Traxe (Vigo 1964).
- Noticia histórica das galerías coruñesas e relación de arquitectos da Coruña desde que se creou o cargo ata o presente (A Coruña, 1965)
- Relación dos alcaldes propietarios da Coruña desde 1840 ata o presente (A Coruña 1965).
- Testemuñas dunha orientación artística. Cartas cruzadas entre Ovidio Murguía e seu pai (A Coruña, 1968).
- Dúas misivas de Valle-Inclán a Murguía (1970).
- Os poetas galegos e Curros Enríquez (A Coruña, 1970).
- Recordando ao Mestre. A arquitectura civil da Coruña (1970).
- Rúas e prazas coruñesas (A Coruña, 1970 e 1975, dous tomos).
- A fin dunha estirpe: Rosalía de Castro e Manuel Murguía (A Coruña, 1974).
- Historia da Coruña, representada nas tallas do salón capitular do Palacio municipal (A Coruña, 1975).
- Resumo da Historia da Coruña (1981).
- Estudos acerca da familia Murguía-Castro (A Coruña, 1999).
Outros nomeamentos[editar | editar a fonte]
Era membro, amais das nomeadas i entre outras, das seguintes institucións: Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses, Academia da Historia de San Fernando, Asociación Internacional para o Progreso da Cultura (Roma), Padroado do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, Padroado Rosalía de Castro, Sociedade Martíns Sarmento de Guimarães (Portugal); director do Museo Emilia Pardo Bazán, Asociación Cultural Ibero Americana da Coruña.
Predecesor: César Vaamonde Lores |
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 1946-1993 |
Sucesor: Antonio Gil Merino |
Predecesor: Ángel del Castillo |
![]() Cronista Oficial da Coruña 1961-1993 |
Sucesor: María de la O Suárez Rodríguez |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en galegos.info
- Fernández, Carlos: "Juan Naya Pérez", sección "Personaxes coruñeses", La Voz de Galicia, 27/9/2000.
|