Julio Sabio Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Sabio Sanmartín
editar datos en Wikidata ]

Julio Sabio Sanmartín, nado na Coruña e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tesoureiro do Sindicato de Traballadores de Oficinas da UGT, exerceu como apoderado da candidatura da Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e José Quintas Pena.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado con Teresa Fernández Rodríguez, tiña catro fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 195. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Julio_Sabio_Sanmartín&oldid=5191595"