Unión Nacional Africana de Kenya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "KANU")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Unión Nacional Africana de Kenya (Kenya African National Union), coa sigla KANU, é un partido político de Kenya.

O partido naceu en 1960 coa fusión da Unión Africana de Kenya (KAU), do Movemento Independente de Kenya e do Partido do Congreso do Pobo. O seu primeiro líder foi Jomo Kenyatta, que fora presidente da KAU dende 1943, e que se tornou o primeiro Presidente de Kenya.

Foi o partido maioritario do estado dende a súa independencia en 1963 e, no 1982, a Asemblea Nacional emendou a Constitución e crearía un país monopartidario. En 1991 a Asemblea revogou a emenda, mais nas eleccións de 1992 e 1997, o presidente Daniel arap Moi (sucesor de Jomo Kenyatta na KANU) mantivo a posición presidencial e de maioría no Parlamento.

No 2002, a KANU e o seu candidato presidencial, Uhuru Kenyatta, o fillo do primeiro presidente de Kenya, perdían por unha ampla marxe contra Mwai Kibaki, apoiado pola coalición NARC [1], rematando así case corenta anos de supremacía. Logo destas eleccións o partido divídese en dúas faccións, unha delas lideradas por Uhuru Kenyatta, uniuse ao Partido Liberal Democrático de Kenya (PLD), para formar o ODM-Kenya (sigla de Movemento Democrático Laranxa), mentres que o propio KANU ficaba numericamente enfraquecida. No 2007, a KANU entrou no Partido de Unidade Nacional, unha coalición que apoiou a Mwai Kibaki.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Política de Kenya

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ElectionGuide.org Resultados das eleccións de 2002 (en inglés)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Unión_Nacional_Africana_de_Kenya&oldid=4811716"