La Patria Gallega (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Patria Gallega, subtitulado Órgano oficial de la Asociación Regionalista, foi un periódico quincenal editado en Santiago de Compostela entre 1891 e 1892

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aparece o 30 de marzo de 1891, dirixido por Alfredo Brañas coa colaboración de Manuel Murguía, foi o órgano da Asociación Regionalista Gallega. A publicación xurdiu co gallo dos Xogos Florais de Tui, celebrados en xuño de 1891, cando se fundou a Asociación Regionalista Gallega. De carácter literario, incluíu recensións e artigos xornalísticos en que manifestaba grande interese polo rexionalismo catalán como modelo a seguir en Galicia. Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1892.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Patria_Gallega_(Santiago_de_Compostela)&oldid=4482128"