Lars von Trier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lars von Trier
LarsVonTrier.jpg
Nome completoLars Trier
Nacemento30 de abril de 1956
 Kongens Lyngby
NacionalidadeDinamarca
Relixiónateísmo
Alma máterNational Film School of Denmark
Ocupacióndirector de cine, guionista e produtor de cine
PaiFritz Michael Hartmann
Premiosknight of the Order of the Dannebrog, Konrad Wolf Prize, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, Danish Dramatics' Honorary Award, sen etiquetar e Prêmio Sonning
editar datos en Wikidata ]

Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na escola de cine de Copenhaguen. En 1981 e 1982, aínda como estudante, gañou varios premios no Festival de Cine de Múnich. A súa primeira película foi The Element of Crime (1984), que acadou un premio polo seu logro técnico no Festival de Cine de Cannes. Esta película é a primeira da triloxía europea, continuada por Epidemic (1987) e Europa (1991), unha comedia negra localizada en Alemaña na posguerra da Segunda Guerra Mundial.

Fundou xunto a Thomas Vinterberg o movemento Dogma 95, valorando retomar historias máis cribles na industria do cinema, afastándose dos efectos especiais e facendo un uso técnico mínimo.

Perfil polémico[editar | editar a fonte]

En 2010, no Festival de Cannes, autoproclamouse o mellor realizador de cinema do momento. Un ano despois, o 19 de maio de 2011, o Festival de Cannes declarou o cineasta persona non grata, coa conseguinte expulsión do festival.

A polémica desatouse tras uns comentarios vertidos por Trier:

"Comprendo a Hitler. Creo que fixo algunhas cousas mal, si absolutamente [...] Non é o que se diría un bo tipo, pero enténdoo bastante e simpatizo un pouco con el [...] Vale, son nazi".

As declaracións fíxoas á mañá e esa mesma tarde emitiu un comunicado público no que pedía desculpas:

"Se ferín a alguén coas miñas palabras esta mañá na rolda de prensa, pido desculpas sinceras [...] Non son antisemita, nin teño prexuízos raciais de ningún tipo, nin son nazi".

Ó día seguinte foi expulsado do festival.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Ochidégartneren (1977)
  • Menthe – la bienheureuse (1979)
  • Nocturne (19801981)
  • Den Sidste Detalje (1981)
  • Befrielsesbilleder (1982)
  • Forbrydelsens Element (1984)
  • Epidemic (1988)
  • Medea (1988, TV)
  • Europa (1991)
  • Riget (1994, miniserie de televisión)
  • Breaking the Waves (1996; primeira parte da triloxía Golden Heart)
  • Riget II (1997; miniserie de televisión)
  • Idioterne (1998; segunda parte da triloxía Golden Heart)
  • D-dag (2000; televisión)
  • D-dag – Lise (2000; televisión)
  • Dancer in the Dark (2000; terceira parte da triloxía Golden Heart)
  • D-dag – Den færdige film (2001; televisión)
  • Dogville (2003; primeira parte da triloxía USA)
  • De Fem Benspænd (segmento "The Perfect Human: Avedøre, Denmark"; 2003)
  • Manderlay (2005; segunda parte da triloxía USA)
  • Direktøren for det hele (2007)
  • Antichrist (2009)
  • Wasington (2011; terceira parte da triloxía USA)
  • Melancholia (2011)
  • Nymphomaniac (2013)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lars_von_Trier&oldid=4773383"