Leonardo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leonardo Rodríguez
Leonardo Rodríguez, 1919.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1919.
Nacemento1877
 Lleida
Falecemento27 de setembro de 1922
 Lleida
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Leonardo Rodríguez Díaz, nado en Lleida en 1877 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1922, foi un político catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leonardo Rodríguez e Alfredo García Ramos en Chantada, 1920.

Avogado e economista. Militante do Partido Conservador, era un home de José Canalejas, que logo da súa morte se puxo baixo a protección de Augusto González Besada[1], foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). Chegou a identificarse co movemento das Irmandades da Fala. Nomeado director xeral de Comercio, Industria e Traballo, participou na Primeira Guerra Mundial como cronista para El Mundo. Sucedeu a Baldomero Argente á fronte do Ministerio de Abastecementos entre febreiro e abril de 1919. Colaborou en diversos xornais, dirixiu o xornal Fígaro, fundou a Revista Económica y Finaciera e publicou Entre campos de batalla. Tomo I. Al margen de la guerra. Crónicas retrospectivas (1915).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. p. 163. ISBN 84-8457-255-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Leonardo_Rodríguez&oldid=4733405"