Liceo Casino Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Liceo Casino Vilagarcía de Arousa, fundado en 1904, comezou sendo unha asociación composta principalmente por persoas de orixes obreiras; na actualidade é unha das entidades mais activas de Vilagarcía en actividades como o deporte.

Esta entidade posúe sección de baloncesto, tenis, atletismo, tenis de mesa, vela, pesca submarina e piragüismo. Ademais organiza actividades sociais diversas tales como os bailes de carnaval tanto para nenos, como para mozos e adultos; e tamén os bailes de verán, os certames de cine, e o torneo de xadrez Adolfo Pedrido (chamado así en honor a un dos presidentes do Liceo)

O seu nome actual é Liceo Casino, e é unha fusión de varias entidades da cidade: O Club de Mar, O Liceo e o Casino. Esta fusión foi iniciativa do Liceo que posuía mais cartos e socios e foi posta en marcha polo presidente Vallejo.

O Liceo posuía a súa sede a carón do Concello de Vilagarcía que consistía nun pequeno complexo de oficinas, auditorio, cafetaría e nunha estancia anexa: o pavillón, chamado Adolfo Pedrido (nome doutro presidente).

Neste pavillón organizábanse os bailes de carnaval e todo o relacionado co equipo de baloncesto; ademais posuía a sala de musculación que moita xente do club empregaba con asiduidade. Organizábase tódolos anos un torneo social de verán no que se lle permitía xogar a todo aquel maior de 18 anos, co único requisito de ser socio ou beneficiario. Dende finais do ano 2006 este pavillón quedou en desuso e as actividades que se realizaban alí ata ese momento foron emprazadas na Casa do Movemento e no complexo deportivo local de Fontecarmoa.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Liceo_Casino_Vilagarcía_de_Arousa&oldid=4334093"