Lingua mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O concepto lingua mundial utilízase para definir unha lingua falada internacionalmente que ademais é aprendida por moita xente como segunda lingua. Unha lingua mundial non vén caracterizada unicamente polo número de falantes (nativos ou secundarios), senón tamén pola súa distribución xeográfica, o seu uso en organizacións internacionais ou o seu uso en relacións diplomáticas.[1] Con respecto a isto, a maioría das linguas do mundo están dominadas por linguas de orixe europea. A razón histórica deste fenómeno vén determinada polo período de expansionismo europeo: imperialismo e colonialismo.

Visión de conxunto[editar | editar a fonte]

A lingua máis utilizada no mundo é o inglés, no que teñen competencia máis de 1 500 000 millóns de usuarios en todo o mundo.[2] A expansión internacional do árabe ten a súa razón histórica nas conquistas islámicas medievais e a posterior arabización de Oriente Medio e África do Norte, e tamén existe como lingua litúrxica entre as comunidades musulmás fóra do mundo árabe. O chinés estándar (mandarín) é a substitución directa do chinés clásico, que foi unha lingua franca histórica do afastado oriente até o século XX, e hoxe en día ten a función de proporcionar unha linguaxe común falada entre falantes de diferentes e mutuamente inintelixibles linguas chinesas, non só dentro da propia China (entre os chineses han e outros grupos étnicos non relacionados), senón tamén entre cidadáns vivindo en comunidades da diáspora chinesa por todo o mundo, ademais de ser ensinada como segunda lingua internacional. O ruso foi utilizado no Imperio ruso e a Unión Soviética, e no presente está en uso e amplamente recoñecido en áreas de Europa central e oriental e en Asia do Norte e Asia Central, que eran antes parte da Unión Soviética, ou do antigo bloque soviético, e segue sendo a lingua franca na Comunidade de Estados Independentes. O alemán serviu como lingua franca en gran parte de Europa durante séculos, sobre todo para o Sacro Imperio Romano Xermánico e o Imperio austrohúngaro. Segue sendo unha importante segunda lingua en gran parte de Europa central e oriental, e na comunidade científica internacional. Outras linguas importantes non se utilizan amplamente en varios continentes, pero tiveron unha importancia internacional como a lingua franca utilizada nun histórico imperio. Estes inclúen o grego koiné no mundo helenístico despois das conquistas de Alexandre o Grande, e nos territorios do Imperio bizantino, o latín no Imperio romano e a linguaxe litúrxica estándar para os fieis católicos en todo o mundo, chinés clásico en Asia na Chinesa imperial, o persa durante a época antiga e medieval e durante o Imperio persa, e no pasado serviu como segunda lingua franca do mundo islámico despois do árabe; o sánscrito nos períodos antigo e medieval de varios estados en Asia do Sur, o sueste asiático e Asia Central, e do mesmo xeito que o latín foi unha importante lingua litúrxica das relixións védicas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baker & Jones Encyclopedia of bilingualism and bilingual education.
  2. [1][Ligazón morta]
  3. Seyyed Hossein Nasr, Islam: Religion, History, and Civilization, HarperCollins, 2003.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_mundial&oldid=4861641"