Lino López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lino López Amado")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lino López
Nacemento1 de febreiro de 1976
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbaloncestista e adestrador de baloncesto
editar datos en Wikidata ]

Lino López Amado, nado o 1 de febreiro de 1976 en Ferrol, é un antigo xogador e un adestrador de baloncesto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Lino López, que xogaba como base cando estaba en activo, comezou a xogar[1] de maneira profesional para o xa desaparecido Club Ferrol Baloncesto en 1997, que daquela se chamaba Abeconsa Ferrol, na división EBA. Nesa tempada inicial ascenderon precisamente á Liga LEB. Permeneceu nese club ata o ano 2001, cando marchou xogar a Menorca co tamén xa liquidado Menorca Bàsquet, que daquela se chamaba Coinga Menorca. Ao remate desa tempada regresou ao Ferrol Baloncesto, cando o club departamental estaba en LEB 2 trala reestruturación das categorías. En 2004 marchou a Pontevedra, onde disputou dúas campañas co Celso Míguez. En 2006 ficha polo WTC Cornellà, pero só xoga un par de meses e remata a tempada en EBA co Peixefresco de Marín.

Rematará a súa vida deportiva como xogador con catro temporadas consecutivas no Básquet Coruña, chamado inicialmente Ferroplast (en EBA, xa daquela chamada Bronce), e despois denominado Leyma, a partir de 2009 e en LEB Prata.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Ao que se retirou da práctica activa do baloncesto comezou a súa carreira como adestrador[1]. En 2011 empezou como axudante, ao carecer de título, no Universitario de Ferrol, na Segunda División da Liga Feminina. Continuou no conxunto departamental sete temporadas, durante as que viviu o ascenso, en 2014, á primeira división. O seu traballo levouno a ser chamado por un dos principais equipos de España, o Perfumerías Avenida de Salamanca, para adestrar o conxunto a partir de 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "Federación Española de Baloncesto - Competiciones FEB". competiciones.feb.es. Consultado o 2018-12-14. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lino_López&oldid=5019901"