Luis Bazal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Bazal
Nacemento5 de xullo de 1905
 Cerecinos de Campos
Falecemento17 de xaneiro de 1990
 Roses
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
Coñecido/a porMemoria e fuga dun mestre anarquista galego
editar datos en Wikidata ]

Luis Bazal Rodríguez, nado en Cerecinos de Campos (Zamora) o 5 de xullo de 1905 e finado en Roses o 17 de xaneiro de 1993, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Cerecinos de Campos onde exercía como médico o seu pai. A familia trasladouse a Madrid e cando morreu o pai, asentouse en Verín. Luis Bazal fíxose mestre e iniciou a súa actividade profesional en 1933 na escola de Correchouso (Laza). Xunto con Losada, Celso Blanco e Perdiz acabaron coa hexemonía da UGT e implantaron a CNT en Verín (1933). Detido en outubro de 1934, cando era mestre en Correchouso, permaneceu preso dous meses e foi trasladado a Pidre (Solbeira de Limia) como represalia pola súa participación nos movementos sindicais dos carrilanos. Durante o curso 1935/36 foi destinado a San Mamede de Palmés, nesa escola distinguiuse polo seu papel de dinamizador dos movementos asociativos entre veciños e labregos, militou na FAI local e organizou a CNT, ademais de formar parte da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO).

Ao producirse golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 intentou opoñerse, e batidos os republicanos botouse ao monte canda a súa muller. Logo de esconderse en Ourense e Verín, na casa da súa nai, pasou a fronteira portuguesa. Botou un tempo preso no Forte de São Neutel en Chaves, e despois embarcou desde Lisboa cara a Tarragona, onde chegou o 13 de outubro. Pasou un tempo no sanatorio de La Rabassada e despois marcha cara a Madrid, mais ao estar a cidade cercada polas tropas franquistas, marcha a Cidade Real. Despois incorporouse na columna Roja y Negra de Valencia para ir loitar á fronte, mais finalmente ingresou nas Escolas de Guerra de Paterna. Renuncia ao posto e alístase en Valencia na columna Iberia, mais tras desacordos cos mandos marcha ao Internado Durruti e aproba oposicións ppara entrar a dar clase na academia de Artillaría. O 20 de febreiro de 1938 dirixiuse á fronte de Teruel, entrando como oficial de enlace na 46ª División. A comezos de novembro, xa de volta na súa unidade, a fronte retrocede cara a Lleida, onde pasan a Noiteboa. Desde Granollers cruza a fronteira francesa por Le Perthus o 9 de febreiro de 1939.

Pasou polos campos de concentración de Argelès-sur-Mer e Brem, e foi obrigado a alistarse nas compañías de traballo que o levaron á Alemaña nazi. Rematada a Segunda Guerra Mundial, vaia a Tolosa, onde traballa de panadeiro, repartidor de xornais e prateiro e retomou contacto co anarcosindicalismo. Despois traballou como lector de lingua castelá en institutos de Bêzier, Villefranche de Laureguer e Tolosa. Colaborou na prensa afín e escribiu libros de poesía, novelas e ensaios. Colaborou en Cenit (1965) e Solidaridad Obrera de Galicia.

En maio 1977 regresou a España, vivindo un ano en Barcelona e outro en Roses (provincia de Xirona).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vasos de lagrimas (Toulouse, 1957), poemas.
  • Rebeldías (Toulouse, 1965), poemas.
  • ¡Ay de los vencidos! Testimonio de la guerra de España (Toulouse, 1966). Segunda edición co título Ave Cesar. Testimonio de la guerra civil española (Bilbao, Anceo, 1981).
  • Dialogo de los ociosos.
  • El duro pan del exilio.
  • ¿Para siempre?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bazal, Luis; Dasairas Valsa, Xerardo (ed.) (2007). A Nosa Terra, ed. Memoria e fuga dun mestre anarquista galego. Vigo. ISBN 978-84-8341-199-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luis_Bazal&oldid=4677540"