Luís Blanco Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Blanco Rivero")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Luís Blanco Rivero
Luís Blanco Rivero 1916.jpg
Nacemento 1877
  Santiago de Compostela
Falecemento 8 de marzo de 1942
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación médico e político
editar datos en Wikidata ]

Luís Blanco Rivero-de Aguilar, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1942, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón Blanco Castro (xefe de negociado de primeira clase da Facenda Pública) e Josefa Rivero-de Aguilar Rodríguez, e irmán de Purificación (casada con Lino Torre Sánchez-Somoza) e Ramón (banqueiro na Arxentina). Estudou Medicina en Santiago, e doutorouse na Universidade Central de Madrid en 1894 coa tese Los diferentes tratamientos de la pneumonía fibrinosa y el método de Z. Petresco, publicada en Santiago de Compostela en 1895.

Foi catedrático de Anatomía Topográfica e Operacións e de Patoloxía Cirúrxica da Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1914-1917), reitor da súa Universidade (1921-1929) e presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1933-1940). Ten publicacións sobre os tratamentos da pneumonía fibrinosa, a diagnose de invaxinación das crónicas intestinais, as luxacións de cóbado e a ptose hepática.


Predecesor:
Salvador Cabeza de León
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
alcalde de Santiago
 
1914 - 1917
Sucesor:
Vicente López Mosquera
Predecesor:
Lino Torre Sánchez-Somoza
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1921 - 1930
Sucesor:
Alejandro Rodríguez Cadarso

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1906 con Engracia Guitián García-Barros, filla de Claudio Guitián Fariña[1], coa que tivo tres fillas: María Purificación (casada con José Goyanes Varela), Engracia (casada con Juan Villar Alonso) e María Consuelo (casada con Salvador Parga Pondal).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Blanco_Rivero&oldid=4598104"