Luís López Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis López Ballesteros")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís López Ballesteros
Luis Lopez Ballesteros.JPG
Luis López Ballesteros Varela
Ministro de Facenda
Período24 de xaneiro de 1822 - 30 de xaneiro de 1822
AntecesorLuis Sorela Carcaño
SucesorLuis Sorela Carcaño
Ministro de Facenda
Período2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
AntecesorJuan Bautista Erro y Azpiroz
SucesorVictoriano de Encima y Piedra
Datos persoais
Nacemento21 de xuño de 1782
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento13 de outubro de 1853
 Madrid
OrganizaciónLiberais moderados
FillosDiego
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónMilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Luis López Ballesteros Varela, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xuño de 1782 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1853, foi un militar e político galego, Señor do pazo da Golpilleira.

Primeiros anos e guerra da independencia[editar | editar a fonte]

Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrío. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a ocupación francesa de España o 8 de maio de 1808 proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, do Imperio Napoleónico; foi o primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a guerra da independencia exerce coma comisario de guerra.

Restauración absolutista[editar | editar a fonte]

En 1814, marcha a Madrid e ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días.

Unha vez concluído o Trienio liberal, durante a Década Ominosa con Fernando VII, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823, e aguantou no cargo durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda.

Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo isto considérase o fundador da facenda moderna en España.

Últimos anos e descendencia[editar | editar a fonte]

En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado pero unha vez morto Fernando VII retirase da política.

Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña en 1844. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo noméao presidente do Consello de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.

Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.

Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais de Ministro de Ultramar.


Predecesor:
Luis Sorela Carcaño
Juan Bautista Erro y Azpiroz
 Ministro de Facenda 
24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822
2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
Sucesor:
Luis Sorela Carcaño
Victoriano de Encima y Piedra
Predecesor:
-
 
Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg
Real Academia da Historia: Medalla 30
 
1841 - 1853
Sucesor:
Juan Manuel Montalbán y Hernanz

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_López_Ballesteros&oldid=5151190"