Manuel Bares Giráldez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Bares Giráldez
Almanaque Gallego, 1898, p. 28, Manuel A. Bares.jpg
Retrato de Manuel A. Bares no Almanaque Gallego para 1898.
Nacemento12 de xaneiro de 1855
 Bueu, Galicia Galicia
Falecemento6 de abril de 1945 (90 anos)
 Buenos Aires, Flag of Argentina.svgArxentina
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
XénerosProsa e xornalismo
editar datos en Wikidata ]

Manuel Antonio Bares Giráldez[1][2], nado en Bueu o 12 de xaneiro de 1855 e finado en Buenos Aires o 6 de abril de 1945, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Colaborou na prensa galega, especialmente en La República. Emigrou á Arxentina e estableceuse na cidade de Mercedes, na que traballou como contable. En 1889 volveu a Galicia. Foi membro do Consello de Administración de El Diario Español e fundador e primeiro ministro do Banco de Galicia de Bos Aires. Colaborou en xornais e revistas (El Pueblo, El Eco de Galicia, Correo de Galicia). En 1925 foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Prosa, 1889.
  • Más prosa, 1899.
  • Los sermones del Padre Gonzalo, 1907.
  • Delenda est Germania! (3 vol.), 1916-1920.
  • Las formas de gobierno y la guerra, 1921.
  • La nación española y el nacionalismo vasco, 1922.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Membros da Academia na web da RAG
  2. A GEG indica como nome Manuel Ángel Bares Giráldez e que naceu o 2 de xaneiro de 1855.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Bares_Giráldez&oldid=4902361"