Manuel Fabeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Fabeiro Gómez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Fabeiro
Nacemento7 de agosto de 1916
 Muros
Falecemento20 de xullo de 1992
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Fabeiro Gómez, nado en Muros o 7 de agosto de 1916 e finado en Noia o 20 de xullo de 1992, foi un historiador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi carpinteiro ebanista, e traballou como auxiliar e logo como oficial no Xulgado de Noia. Ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata a súa desaparición en 1956. Colaborou en Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Follas de un arbre senlleiro, 1951.
  • Quechemare da saudade, 2010.
  • Intres, 2013.
  • Poemas postistas, Poemas do vento, Concello de Noia, 2017

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "Ordenanzas de la villa de Noya de 1589".
  • "Os cobrados de Noya".
  • "Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII".
  • "La Santa Biblia y la filatelia".
  • "Matasellos religiosos de Galicia".
  • "O correr da pluma".
  • "Breves notas sobre Añón".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Fabeiro&oldid=5238069"