Manuel Gómez Cantos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Gómez Cantos
Nacemento25 de marzo de 1892
 San Fernando
Falecemento29 de maio de 1977
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Gómez Cantos, nado en San Fernando o 25 de marzo de 1892 e finado o 29 de maio de 1977, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial de terceira da Mariña, estudou na Academia de Infantería de Toledo. En 1920 obtivo o pase á Garda Civil como primeiro tenente.

Na Guerra civil[editar | editar a fonte]

Na sublevación do 18 de xullo de 1936 estaba á fronte da Garda Civil de Villanueva de la Serena, sumouse á rebelión e apresou o alcalde e os concelleiros de esquerda. Matou un concelleiro, feriu ao alcalde e efectuou 60 detencións. Fuxiu a Miajadas dez días despois. En 1937 foi nomeado responsable dunha unidade de contra-guerrilla nas comarcas estremeñas de Hornachos, La Granja, Llerena e Guadalcanal. En 1938 foi delegado de Orde Público na zona de La Serena, cando foi conquistada polas tropas nacionais. O 8 de setembro de 1938 organizou na praza da vila un xuízo popular que condenou a execución sumaria os 33 prisioneiros de Villanueva de la Serena que aínda estaban na cadea de Badaxoz. Á fronte dunha brigada móbil actuou nas zonas limítrofes das provincias de Badaxoz, Huelva, Sevilla e Córdoba, sendo ascendido a Comandante e condecorado coa Medalla Militar.

Gobernador civil de Pontevedra[editar | editar a fonte]

En marzo de 1939 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra co encargo de solucionar o problema dos fuxidos. Desde o momento da súa toma de posesión o 14 de abril, mostrou a súa peculiaridade como por exemplo no uso da prensa como arma política e plataforma persoal. Iniciou varias actuacións populistas como a reconstrución das infraestruturas provinciais e a construción de vivendas sociais. Para solucionar o problema dos escapados, decretou a posta en liberdade de todos os presos gobernativos e publicou un Bando para que todos os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase ante el para regular a súa situación. Logrou a presentación de máis de 200 fuxidos. Foi cesado o 25 de agosto dese ano.

Contra o maquis[editar | editar a fonte]

Regresou a Estremadura como tenente coronel e á fronte da Comandancia de Cáceres foi nomeado responsable das forzas encargadas da persecución dos fuxidos en 1942. O 28 de agosto de 1942 mandou asasinar en Alía a 30 persoas elixidas ao azar para aterrorizar á poboación. No verán intentou repetir o castigo con 90 persoas, pero o sacerdote Ambrosio Eransus, comandante castrense, logrou impedilo. En abril de 1945, ao saber que un grupo de maquis tomara Mesas de Ibor varias horas e desarmara aos catro gardas civís, ordenou fusilalos inmediatamente por covardes. Por negarlle os auxilios espirituais aos gardas, o bispo de Cáceres e o cardeal primado Enrique Plá y Deniel presionaron a Francisco Franco e Gómez Cantos foi procesado e estivo uns meses na cadea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Gómez_Cantos&oldid=4702726"