Manuel García Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel García Gil
Nacemento14 de marzo de 1802
 Lugo
Falecemento28 de abril de 1881
 Zaragoza
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrelixioso cristián e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Gil, nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) o 4 de maio de 1802 e finado en Zaragoza o 28 de abril de 1881, foi un monxe e prelado galego do século XIX, que actuou activamente no Concilio Vaticano I en 1869 - 1870.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Lugo, ordenouse como diácono e rexentou algunha parroquias entre elas Montecubeiro. Pero en 1826 ingresou na Orde de San Domingos. En 1853 foi electo bispo de Badaxoz, pasando desde o 23 de decembro de 1858 a presidir o arcebispado de Zaragoza, ministerio que exerceu até a súa morte en 1881.

Entre 1869 e 1870, García Gil estivo presente nas sesións do Concilio Vaticano I, en Roma, convocado polo papa Pío IX. Alí foi encargado de redactar a bula que decretaba o dogma da infalibilidade papal.

En 1877, García Gil foi nomeado cardeal do Sacro Colexio Cardenalicio.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_García_Gil&oldid=4990036"