Manuel Manquiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Manquiña
Manquinha-recortado.jpg
Manquiña no 2013.
Nome completoManuel Juan Francisco del Cristo de la Victoria Prieto Comesaña
Nacemento2 de agosto de 1953
LugarVigo
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor, cantante
editar datos en Wikidata ]

Manuel Juan Francisco del Cristo de la Victoria Prieto Comesaña[1], nado en Vigo o 2 de agosto de 1953, é un actor galego, coñecido como Manuel Manquiña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten actuado en numerosas películas, series e obras de teatro, e presentado programas de televisión. Tamén fixo monólogos e actuacións en pubs, e mais cancións para o Xabarín Club.

Gran parte da súa traxectoria profesional lévase a cabo en Galiza. A nivel estatal o seu primeiro papel relevante foi na película Airbag.

No ámbito político, manifestou publicamente as súas discrepancias en relación co nacionalismo galego e a política de normalización lingüística; deu apoio a asociación españolista Galicia Bilingüe e mofouse nos seus monólogos das posicións defendidas polo galeguismo.

“En Galicia, en Galego?” Mira, vai tomar polo cu! (...) E todo por que? Porque un grupo de zumbaos empregan un poder de presión para quererlle dicir á xente o que ten que facer. Eu creo na liberdade do individuo, non no bilingüismo nin no trilingüismo.
Extracto dunha entrevista realizada por Alberto Ramos ao actor e publicada en Praza Pública o 21 de abril de 2013.[2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Tacón (1982), de Xavier Villaverde.
  • Continental (1990), de Xavier Villaverde. Como Pistolero.
  • A Sorte cambia (1991), de Héctor Carré.
  • A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993), de Antonio Blanco e Ricardo Llovo. Como Martín Seijas Machado.
  • A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.
  • Matías, juez de línea (1996), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como o párroco, don Aurelio.
  • O tesouro (1997), de Xaime Fandiño. Como Labrego.
  • Airbag (1997), de Juanma Bajo Ulloa. Como Pazos
  • Atilano, presidente (1998), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Atilano Bermejo.
  • Mararía (1998), de Antonio José Betancor. Como Geito
  • Insomnio (1998), de Chus Gutiérrez. Como Camareiro bar.
  • Frontera Sur (1998), de Gerardo Herrero. Como Cassoulet.
  • Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), de Santiago Segura. Como El Francés.
  • Fisterra, onde termina o mundo (1998), de Xavier Villaverde. Como Comisario.
  • Entre las piernas (1999), de Manuel Gómez Pereira. Como Manuel.
  • La mujer más fea del mundo (1999), de Miguel Bardem. Como Tipo tics.
  • Pídele cuentas al rey (1999), de José Antonio Quirós. Como Pai intruso.
  • Sobreviviré (1999), de Alfonso Albacete e David Menkes. Como Rolando.
  • El figurante (2000), de Rómulo Aguillaume. Como Andrés Pallaró.
  • Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira. Como Ginés.
  • Capitães de Abril (2000), de María de Medeiros. Como Gabriel.
  • Año Mariano (2000), de Karra Ejalde e Fernando Guillén Cuervo. Como Sarxento Pablo Talavera.
  • Galáctea: A conquista da via láctea (2001), de Cora Peña.
  • Lena (2001), de Gonzalo Tapia. Como Gorrión.
  • Pata negra (2001), de Luis Oliveros. Como Cura.
  • Gente pez (2001), de Jorge Iglesias. Como Veciño.
  • El Caballero Don Quijote (2002). Como Merlín.
  • El robo más grande jamás contado (2002), de Manuel Gutiérrez Aragón. Como Zorba "El Greco".
  • Cosa de brujas (2003), de Daniel Monzón. Como Rafael.
  • O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Benito Mallo.
  • Haz conmigo lo que quieras (2003), de Ramón de España. Como Beni.
  • Entre vivir y soñar (2004), de Alfonso Albacete e David Menkes. Como Félix.
  • Un rey en La Habana (2005), de Alexis Valdés. Como Policía.
  • Bajo aguas tranquilas (2005), de Brian Yuzna. Como Luis.
  • Siempre Habana (2005), de Sergio Colastra e Ángel Peláez.
  • El partido (2006), de Juan Calvo.
  • Locos por el sexo (2006), de Javier Rebollo. Como Míster.
  • Los mánagers (2006), de Fernando Guillén Cuervo. Como Alfonso.
  • A caixa (2007), de Juan Carlos Falcón.
  • Os mortos van á présa (2009), de Ángel de la Cruz. Como Jerónimo.
  • O Apóstolo (2010), de Fernando Cortizo.
  • Lobos de Arga (2011), de Juan Martínez Moreno.

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2013 Mellor actor secundario Era visto! Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Manquiña&oldid=5093459"