Manuel Morgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Morgado
Nacemento16 de decembro de 1892
 Ferrol
Falecemento14 de agosto de 1936
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Morgado González del Valle, nado en Ferrol o 16 de decembro de 1892 e finado na mesma cidade o 14 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado da Sociedad Española de Construcción Naval. Membro do comité de folga dos estaleiros en 1920. Participou na fundación e foi administrador da editorial Céltiga en 1922. Pertenceu á Agrupación Socialista de Ferrol. Fue elixido concelleiro de Ferrol nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931, e foi sexto tenente alcalde na corporación presidida por Xaime Quintanilla Martínez. Foi director de El Obrero de Ferrol e candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933 aínda que non resultou elixido. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e cesado como concelleiro e condenado en consello de guerra a quince anos de reclusión. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ferrol o día 21 e condenado a morte en consello de guerra. Foi fusilado en Ferrol o 14 de agosto de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Morgado&oldid=4554773"