Manuel Pazo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Pazo Rodríguez
 A Estrada
Falecemento16 de setembro de 1893
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel do Pazo Rodríguez, nado en Ouzande (A Estrada) e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1893[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio do Pazo Porto. Foi o segundo alcalde da Estrada. En 1840 foi deputado provincial e xuíz de paz. Entre 1841 e 1842 foi procurador e deputado. Volveu ser alcalde dende o 1 de xaneiro de 1869 até o 1 de febreiro de 1872. Liberal e progresista, participou no levantamento de 1846 organizando unha Xunta e un Concello revolucionario na Estrada, en colaboración co seu fillo Serafín Pazo Cumbraos, estudante en Santiago.


Predecesor:
Joaquín María Gómez
 Escudo de A Estrada.svg
Alcalde da Estrada
 
1840 - 1842
Sucesor:
Ramón María Otero
Predecesor:
Benigno Fraga Vázquez
 Escudo de A Estrada.svg
Alcalde da Estrada
 
1869 - 1872
Sucesor:
José María Nieto

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 17-9-1893, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Pazo_Rodríguez&oldid=4977417"