Manuel Ramos Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Ramos Fernández
Nacemento1871
 Galicia
Falecemento22 de agosto de 1936
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Manuel Ramos Fernández, nado cara 1871 e finado o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viaxaba frecuentemente a Cuba, a onde levaba traballadores para os xardíns da Habana. Foi elixido concelleiro das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión como primeiro tenente-alcalde do goberno presidido por José Vilaboy Pajón o día 22 de abril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado o 22 de agosto xunto coa súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José[1]. En 1941 abriuse un proceso xudicial por homicidio contra Narciso Corral Ocampo, xefe da Falanxe e un dos responsables da masacre, que finalmente foi sobresido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Ramos_Fernández&oldid=4902517"