Manuel Rodríguez Saa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Rodríguez Saa
Nacemento1885
 Bagude
Falecemento5 de novembro de 1984
 Portomarín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónillusionist
editar datos en Wikidata ]

Manuel Rodríguez Saa, coñecido como Dr. Saa e Conde de Waldemar, nado en Bagude (Portomarín) en 1885 e finado no mesmo concello o 5 de novembro de 1984, foi un ilusionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Madrid, onde malviviu como camareiro. Trasladouse a París e aprendeu os seus trucos nos clubs e cabarés de Montparnasse. Marchou a Buenos Aires e debutou nun casino de Maipú, (Mendoza). Alí comenzou a súa carreira de éxito, primeiro en Europa, durante a guerra, e a partir da súa actuación na Habana en 1921, por todo o continente americano. Regresou a Galicia e o 15 de xaneiro de 1925 conseguiu debutar en España, no Teatro Novedades de Barcelona. Foi contratado por Primo de Rivera para entreter ás tropas que combatían en Marrocos.

Instalouse en Manila onde viviu comodamente logo do seu matrimonio coa aristócrata Teodora Salgado ata 1944. Ao morrer a esposa, os herdeiros obrigárono a fuxir. A finais dos anos sesenta decidiu volver a Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz Díaz, Xosé e Fernández Guzmán, Belén (2012). O misterioso Dr. Saa. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-348-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Rodríguez_Saa&oldid=4715885"