Manuel Torreiglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Medalla de Galiza.svg
Manuel Torreiglesias
Nacemento16 de marzo de 1941
 Pontedeume
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpresentador de televisión
editar datos en Wikidata ]

Manuel Antonio Torre Iglesias, máis coñecido como Manuel Torreiglesias, nado en Pontedeume o 16 de marzo de 1941, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou para mestre e logo licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca. Mudouse a vivir a Madrid e en 1964 entra a traballar en Televisión Española como axudante de realización no programa concurso Cesta y puntos, emitido polo primeiro canal. Posteriormente traballou na radio (Radio Nacional de España) en programas como En familia ou Tiempo de vivir. En 1974 pasa a dirixir e presentar un programa de divulgación e saúde, Escuela de salud, que se converterá no centro da súa traxectoria televisiva no resto da súa carreira profesional.

Nos anos oitenta realizaría programas de debate e denuncia sobre temas de actualidad social: Voces sin voz (1981-1982) e Usted, por ejemplo (1984), ambos en TVE. A principios de 1990 presentou diversos programas na Televisión de Galicia e na Radio Galega, como Boa saúde ou Meigas fóra, centrados en temas de saúde e de divulgación.

Saber Vivir[editar | editar a fonte]

A partir de 1996 regresou a Televisión Española para dirixir e presentar o programa Saber Vivir, outra emisión de saúde. A súa grande audiencia nas mañás (con máis dun 25% de share e máis de medio millón de espectadores[1]) permitiulle desenvolver unha ampla gama de produtos paramédicos e publicacións asociadas ao espazo. O 7 de maio de 2009, logo de doce anos de dirección ininterrompida, presentou o seu espazo por última vez. RTVE rescindiu o seu contrato nese momento de forma imprevista, acusándoo de fraude na xestión publicitaria do programa[2]. Tamén ten traballado en medios escritos con colaboracións de divulgación e entrevistas, como en Muy interesante[3].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Mayores con salud (1999)
  • Comida Sana (2000)
  • Para ir como un reloj: Adiós al estreñimiento (2003)
  • Gran Guía de la salud (2004)
  • Para salir de dudas (2005)
  • Fibromialgia: Cuando el dolor se convierte en enfermedad (2005)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "No he cogido ni un duro de nadie" Arquivado 08 de maio de 2009 en Wayback Machine., Ver tele, 8/5/09
  2. TVE despide a Torreiglesias por irregularidades, El Mundo, 8/5/2009
  3. BARROSO, Julio, Famosos al descubierto: 45 perfiles, Madrid:Ediciones Nowtilus, 2005
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Torreiglesias&oldid=4862798"