Maquis (resistencia francesa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un grupo de maquis en La Trésorerie en 1944. O uso da boina, moi común no medio rural francés desa época e chamada boina vasca, é un dos símbolos distintivos dos maquis franceses, empregada tamén para confundirse entre a poboación civil[1]

O maquis designa grupos de guerrilleiros que formaban parte da denominada Resistencia francesa, sendo a súa presenza particularmente activa nas zonas montañosas de Bretaña e do sur de Francia onde fustrigaron as forzas do réxime de Vichy e a Wehrmacht do Terceiro Reich.

En España é o nome xenérico adoptado pola historiografía, polo que se coñecen os grupos armados clandestinos que practicaron as técnicas de combate de guerrilla especialmente no medio rural e natural, como bosques ou zonas montañosas, durante a guerra civil española e a posguerra española, provenientes moitos deles do maquis francés.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra orixinal deriva dun tipo de ecosistema mediterráneo presente no sueste de Francia, a maquia (en francés maquis), cuberto de matogueiras.[2] Este foi, precisamente, o tipo de terreo no que a resistencia armada atopou asilo. Os membros do escuadrón recibían o nome de maquisards. Finalmente, o termo converteuse nun honorífico que significaba "combatente de resistencia armada". Os maquis pasaron a simbolizar a resistencia francesa.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Maquis_(resistencia_francesa)&oldid=5183174"