María Pujalte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Pujalte
María Pujalte 2013 (cropped).jpg
en maio de 2013
Nome completoMaría Pujalte Vidal
Nacemento22 de decembro de 1966
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz de teatro e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

María Pujalte Vidal, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.

Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.

Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.

Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Sergio Pazos.

A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.

Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.

En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.

En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.[1]

Películas[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O Mozo que chegou de lonxe (1989). Dirixida por Mario Gas.
  • O Códice Clandestino (1989), de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1989).
  • Yerma (1990) de Federico García Lorca. Dirixida por Xosé M. Blanco.
  • O Roixinol de Bretaña (1991) de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1991).
  • Finisterra Broadway amén y squasch (1993)
  • Martes de Carnaval (1995)de Ramón María de Valle-Inclán. Dirixida por Mario Gas.
  • Caníbales (1996). Dirixida por José Luis Sainz.
  • El Hombre Elefante. Dirixida por Mariano Barroso.
  • Confesiones de mujeres de 30 años (2002-2004). Dirixida por Lia Jelin.
  • Dónde pongo la cabeza (2006), de Yolanda García Serrano. Dirixida por Tamzin Towsend.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

1992

  • Nomeada ao Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina.

1993

  • Gañadora do Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina polo espectáculo de cabaré Fisterra Broadway.

1995

  • Nomeada ao Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por Entre rojas.
  • Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Interpretación Revelación por Entre rojas.

1998

  • Mención Especial no Festival de Cine Español de Málaga por Completo confort, A mí quién me manda meterme en esto e Interferencias.
  • Gañadora do Premio 'Galego/a del mes' por El Correo Gallego en setembro.

1999

  • Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.

2000

  • Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.

2003

2004

  • Gañadora do Premio 'Ola de Ouro' no Festival de Cine Feminino de Burdeos á Mellor interpretación feminina por En la ciudad.
  • Nomeada á Bíznaga de Plata á Mellor actriz en el Festival de Cine Español de Málaga por Cosas que hacen que la vida valga la pena.

2005

  • Nomeada á Bíznaga de Prata á Mellor actriz no Festival de Cine Español de Málaga por Semen, una historia de amor.
  • Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Siete Vidas.

2007

  • Gañadora na XVI Edición dos Premios Teatro de Rojas 2007 de Toledo á Mellor interpretación feminina por El método Grönholm

2008

  • Nomeada ao Premio Max de Teatro á Mellor actriz secundaria por Las cuñadas.

2009

  • Gañadora da Mención especial nos I Premios del Público TV por "Los misterios de Laura".[2]
  • Nomeada aos Premios CineyMás de TV 2008/09 como Mellor actriz española por "Los misterios de Laura"[3]
  • Gañadora do Premio Bodegas Casado Morales al Mejor joven del año[4]
  • Nomeada aos Premios Zapping como Mellor actriz por "Los misterios de Laura"[5]

2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Los misterios de Laura
  2. Lista de candidatos a los Premios del Público TV
  3. "Candidaturas ós Premios CineyMás de TV 2008/09" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2009. 
  4. "María Pujalte premiada por Bodegas Casado Morales". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009. 
  5. Candidaturas ós Premios Zapping 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Pujalte&oldid=5249096"