María Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Salgueiro
Nacemento1967
LugarMoaña
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

María Carmen Rodríguez Salgueiro, coñecida como María Salgueiro, nada en 1967 en Moaña, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudando bacharelato iniciou a súa andaina artística no grupo de teatro "Aurín", creado polo profesor Pedro P. Riobó no IES María Soliño, de Cangas.

Marchou a Madrid buscando novas oportunidades. Estudou na escola de Interpretación Juan Carlos Coraza.

No ano 1992 converteuse nunha das protagonistas do programa televisivo Pinnic (Ondas 1993), dirixido por Mikel Obiols, dando vida á personaxe de Bunbun xunto aos actores Pere Ponce, Susana García e Alex Sisteré. Este programa estivo en antena durante catro anos.

Regresou a Galicia e continuou co seu traballo artístico. Participou en numerosas obras teatrais, series televisivas e películas, e foi nomeada para o premio Mestre Mateo polo seu papel de Renata na serie A vida por diante, no que demostrou estar dotada dun gran rexistro dramático.

Participou no proxecto Bértola Teatro desmontable, co espectáculo teatral O Pack cósmico, creado a partir de tres pezas de microteatro.

Na actualidade[cando?] representa o obra O ogrocho co grupo Teatro de Ningures, dirixida ao público infantil.

Cine[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Un home afortunat (1995), de César Bermejo.
  • 15 días (2000), de Rodrigo Cortés.
  • 9:00 P.M. (2000), de Alejandro Sigüenza e Dani Cocoa.

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Plis-Plas (1991-1992)
  • Pinnic (1992-1994)
  • A vida por diante (2006-2007), de Carlos Sedes. Como Renata.
  • Os Atlánticos. (2007) Filmanova Producciones para TVG. Como Sabela
  • El comisario (2007) Producido por BocaBoca para Telecinco. Como Carmela
  • Patricia Marcos: Desaparecida. (2007) Ganga producciones para TVE Como Alba
  • Lex (2008) Producción para Antena 3 Capítulo 2.
  • Piratas (2010) Mandarina Producciones para Telecinco. Como Samira
  • Amar en Tiempos Revueltos (2011)
  • Lo que ha llovido (2011) (Tv Movie) Continental P. y Arrayás P. para Canal Sur. Director Antonio Cuadri. Como Pilar
  • Escoba (2012) de Ficción producciones para TVG. Directora Mariana Carballal. Como Pilar
  • Serramoura (2015) TVG. Como María.[1]
  • Vis a vis (2015-2016) Antena 3. Como Encarna.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O enfermo imaxinario (1998), dirixida por Luis Olmos. Como Angélica.
  • La visita de la vieja Dama (2001), dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente.
  • Horáculo a medias (2003), dirixida por Ángel Velasco. Como Proserpina.
  • Misiles melódicos (2004), de Sanchís Sinisterra e dirixida por David Amitin. Como Arantxa Moscoso.
  • Salomé (2010)-(2011), de Centro Dramático Galego e dirixida por Carlos Santiago. Como Herodias.
  • American Café (2011), Compañía: Teatro do Morcego. Personaxe:Patty. Director: Celso Parada.
  • Degoiro (2012), de Sarah Kane. Compañía: Arela das Artes. Personaxe: M.
  • A coincidencia cósmica (2013), de Mario Iglesias. Compañía: Microteatro por casa. Director: Mario Iglesias.
  • Paus de cego (2013), de Santiago Cortegoso. Compañía: Microteatro por casa. Director: Mighello Blanco.
  • O que ten cu ten medo (2014), de Mario Iglesias. Compañía: Bértola Teatro Desmontable. Director: Mario Iglesias.
  • O cataclismo (2014), de Mario Iglesias. Compañía: Bértola Teatro Desmontable. Director: Mario Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Salgueiro&oldid=5233647"