Marisol Díaz Mouteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "María Sol Díaz Mouteira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marisol Díaz Mouteira
Marisol Díaz Mouteira 2017.jpg
Nome completoMarisol Díaz Mouteira
Nacemento1967
 Alemaña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Nacional de Educación a Distancia
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Marisol Díaz Mouteira, nada en Alemaña en 1967, é unha política galega militante do PPdeG. Dende 2015 é a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola UNED e especializouse en Mediación Familiar e Dereito Civil. Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Dende o ano 2003 ocupou diversos cargos representando ao Goberno galego na provincia de Ourense. Ese ano e ata 2005 foi delegada provincial da Consellería de Xustiza, estando de presidente da Xunta Manuel Fraga.

En 2009, con Alberto Núñez Feijóo como presidente do Goberno autonómico e Rogelio Martínez González como delegado territorial da Xunta na provincia de Ourense, foi nomeada xefa territorial da Consellería de Educación, cargo que abandonou en febreiro de 2012 para ocupar un escano no Parlamento de Galicia, en substitución de José Manuel Baltar Blanco. En marzo de 2013 asumiu a Xefatura territorial da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza [1], cargo que desempeñará ata o mes de xaneiro de 2015, data na que accedeu á Secretaría Territorial da Delegación da Xunta en Ourense.[2] Seis meses despois, en xuño, dimitiu deste cargo para tomar posesión como deputada autonómica en substitución de Jesús Vázquez Abad.[3]

O consello da Xunta de Galicia, reunido o 8 de outubro de 2015, nomeouna delegada territorial da Xunta en Ourense, logo do cesamento de Rogelio Martínez González.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marisol_Díaz_Mouteira&oldid=5035178"