María Victoria Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Victoria Domínguez
María Victoria Domínguez.jpg
Nacemento1962 e 1 de abril de 1962
 Valdeobispo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítica e avogada
editar datos en Wikidata ]

María Victoria Domínguez Paredes, nada en Valdeobispo en 1962, é unha política estremeña, deputada de Cidadáns na Asemblea de Estremadura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licencenciouse en dereito na Universidade de Salamanca.[1]

Desenvolveu a súa carreira profesional como avogada en Plasencia, con despacho propio que abriu en 1997. Amais exerceu como xuíza en difersas localidades, entre elas Mondoñedo, e entre 1995 e 1997 foi fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.

Tamén é profesora titora de dereito do traballo do centro que a UNED ten en Plasencia.[2]

Política[editar | editar a fonte]

Principiou a súa carreira política na década dos 90 no Partido Popular, formación coa que logrou ser concelleira en Plasencia entre 2003 e 2007.

En 2007 abandonou a formación popular e foi unha das fundadoras de Unión del Pueblo Extremeño (UPEx), e co novo partido entrou de novo na corporación municipal en 2011. En novembro de 2014, UPEx disolveuse para integrarse en Cidadáns.[3] e Domínguez converteuse en militante do partido de Albert Rivera, gañando en marzo de 2015 as primarias para ser a candidata á presidencia de Estremadura[4]. Tras as eleccións do 24 de maio, Domínguez logrou a acta converténdose en deputada da Asemblea de Estremadura, onde é voceira do grupo mixto e secretaria terceira da mesa da Asemblea, amais de presidenta da comisión non permanente de estudo sobre a reforma do Estatuto de Autonomía de Estremadura.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Victoria_Domínguez&oldid=5129448"