Marc Chagall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marc Chagall
Marc Chagall 1941.jpg
Marc Chagall fotografado en 1941 por Carl van Vechten.
NomeMark Zakharovich Shagalov
Nacemento7 de xullo de 1887 e 6 de xullo de 1887
 Liozna
Falecemento28 de marzo de 1985
 Saint-Paul-de-Vence
NacionalidadeRuso-Francés
Cónxuxe(s)Bella Rosenfeld, Valentina Brodsky e Virginia Haggard
FillosDavid McNeil e Ida Chagall
MovementoSurrealismo
editar datos en Wikidata ]

Moishe Zakharovich Shagalov, nado en Viciebsk (Belarús, entón no Imperio Ruso) o 7 de xullo de 1887 e finado en Saint-Paul de Vence (Francia) o 28 de marzo de 1985, foi un pintor francés de orixe xudeu belaruso, de estiño surrealista, máis coñecido como Marc Chagall. En 1960 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chagall era o máis vello de oito fillos. En 1907, Marc Chagall marcha a San Petersburgo, alí estuda na Sociedade de Patrocinadores da Arte onde baixo a tutoría de Nikolai Roerich, en 1910 marcha a París, e entra en contacto coas novas tendencias que estaban a xurdir, en 1914 regresa á súa vila natal, logo da revolución rusa, Chagall foi comisario de arte da súa rexión, en 1923 volta de novo a París, e en 1937 obtén a cidadanía francesa. Durante a Segunda Guerra Mundial, debido á persecución dos xudeus polos nazis, Chagall deixa Francia e instálase en Nova York.

As obras de Chagall reflicten a resonancia dos soños e das fantasías, ao tempo que se inspira nas tradicións populares rusas e a herdanza xudía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marc_Chagall&oldid=4665052"