Mariana Pineda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariana Pineda
Mariana Pineda.jpg
Nacemento1 de setembro de 1804
 Granada
Falecemento26 de maio de 1831
 Granada
CausaGarrote
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónrevolucionario
editar datos en Wikidata ]

Mariana de Pineda y Muñoz, nada en Granada o 1 de setembro de 1804 e finada na mesma cidade o 26 de maio de 1831 foi unha heroína liberal española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pineda casou moi nova con Manuel Peralta Valte, oficial do exército liberal, mais enviuvou en 1822 con dous fillos. Trala morte do seu home, involucrouse moito nas causas liberais. En 1828 axudou á fuxida da prisión do capitán Fernando Álvarez de Sotomayor, coñecido liberal condenado a morte por tomar parte na insurrección do xeneral Rafael del Riego e curmán de Pineda.

Nun rexistro na súa casa en 1831 descubriuse unha bandeira co lema "Igualdade, Liberdade e Lei" e foi arrestada e acusada de conspiración. Tras un intento de fuxida fracasado foi detida no convento de Santa María Exipcíaca de Granada. Durante o proceso, o xuíz tratou que traizoase os seus cómplices a cambio de indulxencia, pero rexeitouno. Foi executada publicamente no garrote o 26 de maio.

Legado[editar | editar a fonte]

En 1925 o dramaturgo Federico García Lorca baseou a súa obra Mariana Pineda na súa historia, converténdoa en lenda. Entre 1965 e 1969 o compositor francés Louis Saguer (1907–1991) compuxo unha ópera sobre o caso. Foi estrada en Marsella en 1970 e recibiu o Grand Opera Prize de Mónaco ese mesmo ano.

O dramaturgo granadino José Martín Recuerda escribiu "Las arrecogías del Beaterio de Santa María Egipciaca" baseada na prisión de Mariana Pineda.

Unha sala da sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo leva o seu nome.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Artigo en Ideal
  2. Imaxe de Ban Ki-moon e Jerzy Buzek en Espace Mariana de Pineda o 19 de outubro de 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodrigo, Antonina (1997). Mariana Pineda, heroína de la libertad. Madrid: Compañía Literaria. 
  • Rodrigo, Antonina (2004). Mariana de Pineda: la lucha de una mujer revolucionaria contra la tiranía absolutista. Madrid: La Esfera de los Libros. 
  • Serrano, Carlos (2000). "Mariana Pineda (1804-1831). Mujer, sexo y heroísmo". En Burdiel, Isabel; Pérez Ledesma, Manuel. Liberales, agitadores y conspiradores. Biografías heterodoxas del SIGLO XIX. Madrid: Espasa Calpe. pp. 99–126. ISBN 84-239-6048-X. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mariana_Pineda&oldid=4658567"